21 días co galego, nos Cursos de lingua e cultura galegas

Sen categorizarComentarios desactivados en 21 días co galego, nos Cursos de lingua e cultura galegas

A profesora Pilar Ponte participou nos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia “Galego sen fronteiras” cunha conferencia na que lle explicou ao alumnado procedente de países de Europa, América, África e Asia o proxecto ‘21 días co galego’, que anima os mozos e as mozas do IES da Pobra do Caramiñal a se expresar en galego durante tres semanas, todo o día e con todo o mundo. A docente puxo en marcha neste centro o programa no ano 2012, actuando así a prol do idioma nun tramo de idade vital para o futuro da lingua e no que o proceso de substitución lingüística polo castelán se acelerou notablemente nos últimos anos. Ler máis

O blog da docente tamén recolle a súa participación nos cursos.

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA