Acto de clausura e entrega de diplomas

Despois de tres semanas de inmersión na lingua e na cultura galegas, os XXXIII Cursos Galego sen fronteiras clausuráronse nun emotivo acto na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado recibiu os diplomas de mans do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o reitor da USC, Antonio López; o director dos cursos, o académico Henrique Monteagudo; a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a profesora Ana Fachal. Tamén tomaron a palabra para falaren da súa experiencia nos cursos e coa lingua galega Antón Rey, galego de Buenos Aires, e Claudia Iasparro, de Italia.



© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA