Pandeireteiras, cantos de cego e o afiador que inspirou a Miles Davis no relatorio de Mauro Sanín

NovasSen categorizarComentarios desactivados en Pandeireteiras, cantos de cego e o afiador que inspirou a Miles Davis no relatorio de Mauro Sanín

As das Cantigas de Santa María son, xunto coas do Pergamiño Vindel, as partituras de música galega máis antiga que chegaron aos nosos días. Compostas e transcritas no século XIII, son unha mostra excepcional da música culta do momento pero nelas tamén deixou rastro a popular. Oitocentos anos despois a convivencia entre ambas as manifestacións continúa, como prosegue a fusión de ritmos, estilos e instrumentos tradicionais cos chegados doutras latitudes que acaban sendo considerados propios. O zanfonista Mauro Sanín demostroullo o xoves 5 de xullo ao alumnado dos Cursos de lingua e cultura galegas cun percorrido pola historia da música popular do país no que se detivo nos cantos de cego, as pandeireteiras e a emerxencia da figura do gaiteiro como símbolo identitario ou das bandas. E tamén noutra mostra de fusión do popular e do erudito, desta volta trasatlántica: “The pan piper”, o xeito do trompetista de jazz Miles Davis de revisitar a “Alborada de Vigo” interpretada cun chifro de afiador ou capador (siringa).
Ler máis

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA