Patricia Arias Chachero
Patricia Arias Chachero (Ponferrada, 1972) é catedrática de ensino medio na especialidade de Lingua Galega e Literatura. Actualmente exerce a docencia no IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela. Leva máis de 25 anos vinculada á Fundación Otero Pedrayo, entidade da que actualmente é secretaria. Forma parte do Consello de Redacción de Andaina de Mulleres, a revista feminista máis antiga de Galicia, e, desde 2018, do Consello de Administración da Editorial Galaxia.
Ten colaborado nalgunhas das principais publicacións de Galicia como Tempos Novos, Grial, Sermos Galiza ou a Revista Galega de Educación.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976), unha figura clave da cultura galega
A aldea de Trasalba, a 15 quilómetros de Ourense, convértese nun lugar clave para comprender a vida e a obra de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976), unha das figuras claves da literatura galega. A presente intervención pretende contextualizar a traxectoria vital, política e literaria do escritor deténdose naqueles aspectos concretos que permiten que cando o grupo visite a aldea e a casa familiar do escritor comprobe insitu a pertinencia do espazo.