Nesta sesión presentarase unha escolma de músicas dos distintos xéneros musicais da  tradición galega; tratarase o contexto da música, os ritmos e as cántigas populares a través de gravacións de son e vídeo, para coñecelas, para identificalas; e tamén cantaremos e xogaremos. Ademais de acadar un coñecemento xeral das cántigas galegas, achegarémonos á lingua e á música dun xeito lúdico.
Sergio de la Ossa é musicólogo, especialista en pedagoxía musical Kodály e guitarrista. Foi mestre de música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, 2011-2015; 2020). Entre 2007 e 2018 estivo a cargo do arquivo musical do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal).