
Unha viaxe pola función do cantar popular. En que contextos e que se cantaba. Pedreira irá contando e cantando cancións populares que foron empregadas para socializar e habitar o cotiá a través da oralidade galega. Un mapa musicado que nos conecta co sentir, pensar e cantar do pobo.
Ugia Pedreira naceu en Foz (na Mariña de Lugo), e a xeoloxía cultural desta comarca, e de toda a zona de fala eonaviega ou galego-asturiana, marcan profundamente esta singular compositora e intérprete.
A Pedreira é unha mestura explosiva de serenidade e paixón, unha cantora das de verdade, unha voz que invoca a xustiza; a voz negra da música galega, unha das máis importantes, plurais e versátiles do panorama musical galego, o que fai de cada unha das súas presentacións públicas un acontecemento.