
Facer xuntanzas onde o baile tradicional solto e diversos bailes en parella, máis algún xogo xa non son prácticas esquecidas do pasado. Temos un tesouro cheo de movementos e xestos que poder combinar e improvisar en secuencias de puntos e voltas. Baile vivo do cal a xente moza está a se apropiar enchendo de vida e ledicia a rúa das vilas e aldeas galegas. Ensinar a falar galego coa lingua e co corpo sen fronteiras é ter a sorte de compartir este tesouro con todas as persoas que queiran beber de un patrimonio inmaterial fermoso.
Mercedes Prieto é licenciada en Danza na Faculdade de Motricidade Humana no ano 2005. Doutorada en Ciencias da Educación no ano 2018. Docente de danza e expresión dramática na ESE de Viana do Castelo. Imparte formacións intensivas para diversas institucións como o CEFORE e centros de formación de profesores de Portugal. Actualmente, entre outros proxectos puntuais, realiza as actividades e formacións do proxecto que a mesma criou a partir de unha investigación de varios anos na que interliga a danza e a matemática – MatDance.