Antón Rey, alumno dos Cursos nas edicións dos anos 2023 e 2024, é o autor dun libro de poemas que nos presenta da man do Presidente da RAG, Henrique Monteagudo.

Trátase dunha declaración de amor a Galicia  elaborada ao redor das lembranzas do avó do autor emigrado a Arxentina en 1927.
A edición inicial xurdiu despois da primeira viaxe do escritor a Galicia no ano 2000. Falecido o avó o libro foi unha canle para baleirar tódalas emocións que lle provocou o encontro persoal coa familia da aldea.

Esta segunda edición feita en Galicia ten outros textos e amosa fotografías do arquivo familiar e da xente da aldea que quitou o autor.