A comedia sempre provocou desconfianza nas autoridades civís e relixiosas. Por iso o teatro “nunca se librou de ser unha arte do demo”, salientou Quico Cadaval no relatorio sobre a historia do teatro galego que impartiu nos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. De feito, ao teatro e ás marionetas chámaselles popularmente “figuras do demo”, expresión que deu nome á intervención do dramaturgo, director e narrador escénico. A aposta das Irmandades da Fala por crear un teatro burgués en lingua galega como ferramenta de normalización tamén incomodou o poder. Ler máis