A directora da revista dixital Vinte, María Yáñez, analizou hoxe nos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” as oportunidades e os desafíos para a lingua galega nos medios de comunicación no mundo dixital. A xornalista ofreceu ao alumnado un breve percorrido pola historia do xornalismo en galego, desde a aparición d’O Tío Marcos da Portela, en 1876, ata o escenario actual, “un momento crítico tanto para a lingua como para o xornalismo”, valorou. Ler máis