María Yáñez
María Yáñez leva dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos audiovisuais para internet, deseñando estratexias de comunicación online e comisariando diversos proxectos de cultura dixital como o festival Carballo Interplay ou o LAIC da Coruña. Na actualidade dirixe VINTE, unha revista en liña de sociedade, cultura e tendencias vinculada ao xornal Praza.gal.
O galego nos medios de comunicación: oportunidades e desafíos no mundo dixital
Un percorrido pola situación da lingua galega nos medios (prensa, radio, televisión e Internet) e os retos aos que se enfronta nun panorama marcado polas novas formas de consumo e produción na Rede. Toda unha ventá de oportunidades para quen queira coñecer e aprender a nosa lingua desde os máis diversos temas e formatos. E unha serie de desafíos que pasan pola sustentabilidade, a calidade lingüística, a pluralidade, o achegamento á xente nova e a conexión co mundo lusófono.