Saltar ao contido

Quico Cadaval

Quico Cadaval
Facultade de Filosofía
18 de Xullo de 2019
|

Quico Cadaval é director teatral, dramaturgo e narrador escénico. Naceu nas Rías Baixas en 1960. Coa súa compañía Producións Teatrais Excéntricas fixo Shakespeare para ignorantes co Centro Dramático Galego, o teatro público galego, adaptou obras de Cunqueiro, como O Ano do Cometa. Como narrador percorre os festivais da península Ibérica e Latinoamérica. Acredita que a cultura galega é a que se espreme en galego, e o que é aínda máis asombroso: acredita que ten futuro.

Figuras do demo. A procura dun teatro popular

O título alude a unha maneira popular de referirse ao teatro e ás marionetas, e lembra a desconfianza que a arte da comedia provocou sempre nas autoridades civís e relixiosas. O relator fará un superficial paseo pola historia do teatro galego deténdose, levemente, nas experiencias que foran un suceso popular da dramaturxia galego. Joselín, Airiños, Barriga Verde, Abrente, Rañolas, Artello, Ultranoite, Chévere, Mofa &Befa, Galán e Voadora, serán algúns nomes presentes no repaso.

XS