Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura

Trátase dun proxecto que rende homenaxe a esta institución cultural, determinante na construción da identidade galega e grande impulsora da modernización cultural e científica de Galicia, no ano que conmemoramos o centenario da súa fundación.

Durante a visita, achegarémonos á investigación do Seminario de Estudos Galegos nas diferentes disciplinas científicas e humanísticas da época e lembraremos as súas figuras máis destacadas —profesorado e alumnado universitarios, intelectuais galeguistas da xeración Nós e das Irmandades da Fala—. Tamén poremos o foco nas mulleres do Seminario que, aínda que foron escasas, contribuíron de maneira activa no traballo das seccións malia as dificultades que isto entrañaba.

Localización: https://goo.gl/maps/wY7XT6nDyTHDxdRT9

Para ir á pé: Gaias andando.pdf

Para ir en autobús urbano:

  • LIÑA 9: Luns-Venres laborais / Sábados mañá
  • Saídas dende Casa Novas:
    • L-V laborais: 7:30 8:40 9:50 11:00 12:10 13:20 14:30 15:40 16:50 18:00 19:10 20:20 21:30 22:30
    • Sábados laborais: de 8:30 a 13:30 (cada 60 min.).
    • Itinerario: Casas Novas – Santa Isabel – Galeras – San Clemente – A Senra – Virxe da Cerca – San Roque – Pastoriza – Rodríguez de Viguri – Fontiñas – Piscinas – Multiusos Fontes do Sar – Cidade da Cultura
  • Saídas dende a Cidade da Cultura:
    • L-V laborais: 8:00 9:15 10:25 11:35 12:45 13:55 15:05 16:15 17:25 18:35 19:45 20:55 22:00
    • Sábados laborais: de 9:00 a 13:00 (cada 60 min.).