“O serán” ten diferentes significados. O que interesa neste obradoiro é o que se relaciona co momento do baile e festa á fin do día de traballo nas aldeas. O alumnado aprenderá como eran os ciclos dos bailes que constituían o serán, sempre como protagonista o baile tradicional galego solto (muiñeira e xota) e diversos bailes en parella, mais algún xogo. Entre os agarrados encóntranse os valses, pasodobres ou mazurcas. Con este repertorio, poñerase en presente un xeito de facer a festa de sempre”.
Mercedes Prieto é licenciada en Química e Danza e doutora en Ciencias da Educación. Foi profesora de expresión dramática e corporal na Escola Superior de Educação de Beja e imparte formacións intensivas para diversas institucións. É fundadora e directora pedagóxica da Associação PédeXumbo, coreógrafa, coautora de publicacións como o Zampadanzas, Na punta do pé e Entroidanzas, e creadora do proxecto MatDance, no que relaciona a matemática e a danza.