Nesta sesión presentarase unha selección de músicas dos distintos xéneros tradicionais de Galicia cunha dobre finalidade: coñecer e practicar. Por medio do canto que se lle aprenderá ao alumnado, coñecerán as letras das coplas de diferentes bailes e familiarizaranse coa música tradicional, o seu ritmo e cadencias típicas galegas.
Sergio de la Ossa é mestre de Educación Musical e guitarrista clásico polo conservatorio de Coruña. Impartiu clases de música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, Hungría), onde completara a súa formación. Traballa desde 2007 na transcrición, edición e arquivo do material musical do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego. Actualmente imparte aulas de teoría e análise de música tradicional na Central Folque. E coautor e colaborador de diversas obras sobre o baile e a música tradicional e traduciu, xunto con Veronika Gergely, dúas novelas húngaras ao galego (Oito minutos, de P. Farkas, e Ao norte unha montaña…, de L. Krasznahorkai), editadas por Rinoceronte.