Unha viaxe (nunha hora) polo mundo todo, a través das historias -e das cantigas- da xente do mar de Galiza. Esta vai ser unha sesión interactiva: o instrumento principal será a propia voz das persoas que participen na actividade.

Xurxo Souto é comunicador, cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en Filoloxía Clásica. Personaxe moi popular como vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte Alto e por ser un gran difusor da música galega de agora e sempre. Ten cinco libros publicados e colabora con artigos en diferentes publicacións.