Nesta actividade atenderase, brevemente, aos aspectos musicais, poéticos e sociais máis relevantes da música patrimonial galega nunha aproximación divulgativa que pretende poñer en valor a cultura musical popular, lonxe da imaxe folclorista e tipista que se impón tantas veces na ollada turistificada, globalizada e estereotipada que se mostra do territorio cultural galego.
Bea Busto dedica a súa vida ao ensino e ao estudo no eido da musicoloxía e doutros campos da investigación musical.
Mestra en Educación Musical, licenciada en Historia e doutora en Ciencias e Antropoloxía Social e Cultural cunha tese que se inscribe no universo da etnomusicoloxía, sobre estudos arredor de como o NO-DO franquista elaborou unha imaxe estereotipado da Galiza facendo uso explícito do folclore musical galego na imaxe cinematográfica, a raíz do cal se publicou en A través Editora, Um pais a la gallega. Galiza no NO-DO franquista.
Ela é parte do grupo e rede de investigación Galabra que traballa, de xeito transdisciplinar, arredor dos sistemas culturais galego, luso e brasileiro.
En 2021 publicou o libro Pandereteiras de Mens con aCentral Folque.