“Que doce, mais que triste, / tamén é a soledad”, escribía Rosalía en Follas Novas. “A soidade vaiche ben / sentado alí só cunha copa de viño na man”, respóndelle en neerlandés Frank de Crits no libro de homenaxe á escritora do Colectivo de Poetas en Bruxelas. O volume recolle os poemas de oito autores nas súas respectivas linguas -francés, árabe, neerlandés, español e galego- en diálogo coa obra rosaliana. Os seus protagonistas, de Crits, Taha Adnan, Geert ven Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Vonck e os galegos Ramón Neto e Xavier Queipo visitaron hoxe os Cursos “Galego sen fronteiras”, onde avanzaron parte do recital que ofrecerán nos vindeiros días en Santiago de Compostela, Padrón e Fisterra no marco dun proxecto da Fundación Rosalía de Castro. Ler máis