Os XXXII Cursos de lingua e cultura galega “Galego sen fronteiras” concluíron o mércores 24 de xullo cun “ata logo” ao alumnado procedente de vinte países de catro continentes. O acto de entrega de diplomas puxo fin a tres semanas de inmersión lingüística e cultural a través desta iniciativa coorganizada pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Ler máis