A cantante e musicóloga Paulina Ceremużyńska achegou o alumnado dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” á lírica medieval nunha conferencia-concerto que afondou nalgúns dos textos das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio ou de Martín Codax. “As cantigas medievais galegas son un dos maiores tesouros da música medieval europea e, xunto co tesouro da música tradicional, o máis importante repertorio da música galega de tódolos tempos”, salienta a experta, natural de Polonia e residente desde 2004 en Galicia. Ler máis