Antón Reixa analiza o impacto do audiovisual na normalización lingüística

Sen categorizarComentarios desactivados en Antón Reixa analiza o impacto do audiovisual na normalización lingüística

Neste 2019 cúmprense trinta anos da estrea das tres primeiras longametraxes comerciais galegas, Sempre Xonxa, Urxa e mais Continental. Nos anos seguintes, ao longo da década dos 90, a produción audiovisual estenderíase conquistando para a lingua propia territorios como o da creación de ficcións televisivas. Antón Reixa, nome esencial desta industria en Galicia, analizou o impacto destes avances no ámbito sociolingüístico no marco dos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia. “A produción audiovisual incidiu tanto no prestixio social como na estandarización do idioma”, salientou. O creador falou sobre este tema na Facultade de Filosofía, no histórico edificio da praza compostelá de Mazarelos, un escenario vital que foi testemuña dos sucesivos avances para o idioma. “De sempre, a normalización do galego ten que ver co discurso que defende elementos de igualdade social”, engadiu. Ler máis

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA