Saltar ao contido

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ser maior de 18 anos.

A preinscrición quedará formalizada cando a persoa solicitante reciba un correo electrónico como xustificante de recepción.

O prazo para a recepción das solicitudes remata o 4 de abril de 2025.

The only requirements are to be at least 18 years old and to submit the application form by April 4th, 2025.

Pre-registration will be confirmed once the applicant receives an email acknowledging receipt.


Bolsas

A organización ofrece: 45 bolsas por un importe de 400 € para persoas residentes fóra de Galicia e 5 bolsas de 600€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 15 bolsas que eximen do pagamento da matrícula, mais que carecen doutra retribución económica.

O candidato ou candidata debe enviar a través do formulario o seu currículum vítae e unha carta de presentación dun profesor ou profesora de Universidade, así como todos os méritos que considere de interese.

Os criterios para a concesión das bolsas serán:

  1. 1.- Concederase polo menos unha bolsa por cada centro de estudos galegos solicitante.
  2. 2.- Continuidade dos estudos iniciados en anteriores convocatorias nestes cursos de verán.
  3. 3.- Currículum e grao de interese da persoa polos cursos e / ou pola lingua e literatura galegas (demostrable mediante a realización de estudos ou investigacións, por exemplo).
  4. 4.- Carta de presentación dun profesor ou profesora que avale a persoa solicitante.

Scholarships

There are 45 grants of €400 each for applicants residing outside Galicia and 5 grants of €600 each for those coming from Latin America. Grant recipients will be exempt from paying tuition fees. Additionally, 15 tuition-only grants, which do not include any other financial support, will also be available.

Candidates must submit their CV and a recommendation letter from a university lecturer via the application form, along with any other relevant supporting documents.

The criteria for awarding grants are as follows:

  1. 1.- At least one student from each Galician Studies Centre must receive a grant.
  2. 2.- Previous participation in these summer courses will be considered an advantage.
  3. 3.- The candidate’s CV and demonstrated interest in these courses and in Galician language and literature, which can be evidenced, for example, through academic studies or research projects.
  4. 4.- A reference letter from a university lecturer.

Matrícula

Unha vez rematado o prazo de inscrición, a organización dos cursos outorgará as bolsas.

  • – A resolución provisional publicarase o día 21 de abril.
  • – As persoas beneficiadas terán ata o día 6 de maio para comunicar a súa aceptación da axuda económica. De se produciren renuncias, as persoas suplentes serán as beneficiarias das bolsas.
  • – O prazo límite para formalizar a matrícula será o 20 de maio.

Aquelas persoas que non solicitaron bolsa ou ás que non lles foi concedida recibirán unha notificación por correo electrónico na que se indicará, no caso de seren aceptadas, o prazo que teñen para ingresar, en concepto de reserva de matrícula, a cantidade de 100 euros.

O importe total da matrícula é de 200 euros e nel están incluídos o dereito a clases, visitas e certificados. Os 100 euros restantes deberán ingresarse antes do 17 de xuño.

O importe de 100 euros en concepto de reserva de matrícula, así como o resto da matrícula, debe ser ingresado nos prazos indicados na conta de ABANCA:

  • – IBAN ES97 2080 0008 3130 4003 5673 (BIC: CAGLESMMXXX).
  • – Rúa das Orfas, 4.
  • – 15703 Santiago de Compostela.

Facendo constar “Cursos de verán” e o nome e os apelidos da persoa que se matricula.

Enrolment

After the pre-registration deadline, the course organizers will allocate the grants.

  • – A provisional list of recipients will be published on April 21st.
  • – Recipients must confirm acceptance of the grant to the course organizers by May 6th. If any recipients decline the offer, the grants will be awarded to candidates on the waiting list in order of ranking.
  • – The official deadline for registering in the course is May 20th, 2025.

Candidates who did not apply for a grant or were not awarded one will receive an email with a deadline for paying a €100 registration deposit if they are accepted.

The total registration fee is €200, which includes classes, course excursions, and certificates. The remaining €100 must be paid before June 17th.

The €100 registration deposit and the remaining registration fee must be paid into the following ABANCA account:

  • – IBAN ES97 2080 0008 3130 4003 5673 (Code BIC: CAGLESMMXXX).
  • – Rúa das Orfas, 4.
  • – 15703 Santiago de Compostela.

The payment must include the payer’s name and **”Cursos de verán”** as a reference.


Recepción

A recepción do alumnado terá lugar o 3 de xullo en horario de 10.00 a 12.00 horas no Instituto da Lingua Galega (USC). Ese día entregaranse a cada persoa matriculada o horario e a programación do curso e resolveranse posibles dúbidas sobre cuestións relacionadas coa organización.

Recepción do alumnado:

  • Instituto da Lingua Galega (USC)
  • Praza da Universidade, 4
  • 15782 Santiago de Compostela
  • GALICIA (España)

Reception

Students will be received on the July 3rd from 10 a.m. to 12 p.m. at the Instituto da Lingua Galega (USC). Each student will be given a timetable and a course programme. Should students require further information about the organization of the course, it will be duly provided there.

Students reception:

  • Instituto da Lingua Galega (USC)
  • Praza da Universidade, 4
  • 15782 Santiago de Compostela
  • GALICIA (España)

Podes descargar o folleto informativo na seguinte ligazón

You can download the information brochure at this link

Formulario de inscrición













    Adxunte un único arquivo. Se precisa subir varios, comprimaos nun arquivo .zip ou .rar / Attach a single file. If you need to upload multiple files, compress them into a .zip or .rar file.

    Os tipos de arquivo permitidos son: .pdf, .doc, .docx, .odt, .rar e .zip / The filetypes allowed are: .pdf, .doc, .docx, .odt, .rar and .zip.

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Real Academia Galega informa que os datos achegados a través deste formulario serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.
    Para exercer estes dereitos poden dirixir a súa petición ao enderezo postal RÚA TABERNAS 11, 15001 - A CORUÑA, ou ben a través do correo electrónico secretaria@academia.gal