A Facultade de Filosofía da USC acolleu o acto de benvida ao alumnado dos XXXIV Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. Na presentación da nova edición interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director dos cursos, o académico Henrique Monteagudo; a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei; o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo; e a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, María Coutinho Villanueva.