A Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela clausuraron os cursos que desde 1988 coorganizan no verán compostelán e por cuxas aulas pasaron xa máis de 2.500 estudantes. Henrique Monteagudo interveu no acto de clausura xunto á directora dos Cursos, a académica María López-Sández; a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; e mais o filólogo da RAG Vicente Feijoo, en representación do profesorado.