O parque de Bonaval acolleu o xa tradicional encontro de confraternidade do alumnados dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. Na xuntanza servíronse petiscos de produtos da terra e os estudantes interpretaron cancións galegas aprendidas nas clases e melodías populares dos seus respectivos países e non faltou a queimada con esconxuro declamado por un alumno de procedencia arxentina, mais con ascendentes muradáns, Antón Rey.