Neste século XXI seguimos precisando crear as nosas propias imaxes, configurar un discurso propio que nos faga visibles, que amplíe perspectivas. A transmisión oral contribúe a recoñecernos nunha identidade e nunha tradición que se vai transformando ao ritmo da sociedade na que vivimos e, ao tempo, responde a esa arela de permanecer no tempo a través da memoria.