Malores Villanueva, colaboradora de Francisco Fernández del Riego nos últimos anos da súa vida e autora da biografía sobre o intelectual Un loitador pola idea de Galicia (Galaxia, 2023), achegou o alumnado dos cursos á figura e ó legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023. A filóloga abordou tamén a significación da celebración do 17 de maio. O propio Del Riego propuxo a súa creación no seo da Real Academia Galega en 1963, cadrando co centenario da publicación de Cantares gallegos.