Conferencia na que Miguel Anxo Seixas Seoane aborda a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como un dos eximios creadores da nosa cultura e dos valedores da identidade galega. Persoeiro polifacético sempre tentou conectar co pobo. Sentiu a voz das xentes, debuxou para elas, escribiulles e deulles dignidade ao trasladar á prensa os seus rostros e os seus pensamentos na serie de humor “Cousas da vida”.