Ugia Pedreira ofreceu ao alumnado dos XXXVI Cursos Galego sen fronteiras un percorrido polo cantar popular do país. A música foi contando e cantando coplas populares empregadas para socializar e habitar o cotiá, desde os cantos infantís e do ciclo do ano aos de oficios e romerías. Os estudantes tamén se sumaron á experiencia de cantar en grupo, unha forma de facelo que, defende Pedreira, amplifica o seu poder terapéutico.