A escritora e académica Fina Casalderrey pechou o calendario de relatorios do XVIII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” cunha contribución sobre a relación entre as letras e a cociña. “En Galicia, literatura e gastronomía son como xemelgas univitelinas que ata sufriron xuntas o menosprezo e o silencio. Hoxe, dende as feridas, dáse unha eclosión de ambas, favorecida polo contexto sociocultural”, explicou.