Bea Busto explicou, brevemente, os aspectos musicais, poéticos e sociais máis relevantes da música patrimonial galega nunha aproximación divulgativa que pretendeu poñer en valor a cultura musical popular, lonxe da imaxe folclorista e tipista que se impón tantas veces na ollada turistificada, globalizada e estereotipada que se mostra do territorio cultural galego.