O académico de número e catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto participou no programa de palestras dos XXXIV Cursos Galego sen fronteiras cunha intervención sobre a Galicia moderna feita en América. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, foi o encargado de presentalo. Na primeira imaxe desta galería, Fernández Prieto e Freixanes posan coa académica María López Sández, secretaria académica dos cursos.