Aprendendo a regueifar con Alba María

Alba María aprendeulles aos alumnos e alumnas dos XXXIII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”os segredos para se converter en bos improvisadores nun obradoiro celebrado dentro da programación complementaria dos encontros. A cantora e regueifeira expuxo as similitudes entre as regueifas e o rap e deseguido guiou os estudantes para crearen primeiro unha regueifa a ritmo de rap colectiva e continuaren despois con novas creacións por grupos.



© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA