Encontro de confraternidade en Bonaval

O alumnado dos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” xuntouse na tarde do 17 de xullo nun encontro de confraternidade no parque de Bonaval de Santiago de Compostela. Ademais de probar petiscos de produtos da terra, compartiron cancións galegas aprendidas nas clases e melodías populares e versos dos seus respectivos países.



© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA