Os XXXI cursos “Galego sen fronteiras” conclúen coa entrega de diplomas

Sen categorizarComentarios desactivados en Os XXXI cursos “Galego sen fronteiras” conclúen coa entrega de diplomas

Os XXXI Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” concluíron hoxe co acto de entrega de diplomas aos 75 alumnos e alumnas procedentes de vinte e cinco países de Europa, América, Asia e África. Na cerimonia tamén recibiu simbolicamente un pequeno diploma Noa, a filla de cinco meses de Katalin Farkasinszki, unha das estudantes que este ano cursou o nivel superior despois de participar nesta iniciativa noutras dúas edicións anteriores. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, referiuse a nai e filla, procedentes de Hungría, como exemplo do interese polo galego e por Galicia que esperta esta iniciativa desde hai máis de tres décadas en persoas chegadas a Santiago de Compostela desde todo o mundo, sempre dispostas a regresaren a que “é a vosa casa”, salientou. Todas elas, unhas 2.900 nestas máis de tres décadas de vida dos cursos son, reiterouse no acto de clausura, representantes dalgún xeito de Galicia no exterior. Ler máis

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA