Unha ollada etnográfica sobre a transmisión interxeracional do galego nas familias a prol do idioma

Sen categorizarComentarios desactivados en Unha ollada etnográfica sobre a transmisión interxeracional do galego nas familias a prol do idioma

Procede dunha comunidade cunha lingua minoritaria no seu país, o bengalí, pero orgulloso do seu idioma. Hoxe esta orixe segue presente no labor como investigador de Anik Nandi (Burdwan, A India), especialista en política lingüística, transmisión interxeracional e linguas minoritarias. As tres áreas están presentes no estudo que realizou sobre o papel dos proxenitores pro-galego como tese de doutoramento, cuxo traballo de campo desenvolveu con familias de Santiago de Compostela, Bertamiráns, Vigo, Esteiro e Narón. O sociolingüista expuxo as principais conclusións deste estudo na conferencia que impartiu o pasado venres nos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” organizados pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela, dos que foi alumno hai anos. Na actualidade segue profundando neste eido como investigador asociado do Seminario de Sociolingüística da Academia. Ler máis

.

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA