Unha ollada á lingua desde o dereito con Alba Nogueira

Sen categorizarComentarios desactivados en Unha ollada á lingua desde o dereito con Alba Nogueira

O programa de palestras dos Curso de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” continuou onte cunha conferencia de Alba Nogueira. A profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e académica correspondente achegou unha ollada á lingua desde a perspectiva xurídica e repasou a situación dos idiomas cooficiais en España.

A experta abordou, entre outros temas, o que significa a cooficialidade dunha lingua, as diferenzas entre o dereito e o deber de sabela ou os distintos sistemas lingüísticos que hai no ensino nas comunidades autónomas con lingua propia.

Máis imaxes da conferencia de Alba Nogueira nesta ligazón.

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA