O Concello de Santiago recibe o alumnado

Sen categorizarComentarios desactivados en O Concello de Santiago recibe o alumnado

O alcalde de Santiago de Compostela recibiu hoxe no Pazo de Raxoi os alumnos e alumnas dos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. Martiño Noriega deulles a benvida á que, valorou, é “a cidade máis galega e máis internacional” de Galicia e agardou que tras esta estadía en Compostela exerzan “de embaixadoras e embaixadores deste país”. Na recepción tamén participaron membros da corporación local, o profesorado, os codirectores dos cursos, Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Ler máis

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA