María do Cebreiro: “A produción cultural debe asumir a herdanza do rural desde unha perspectiva contemporánea e crítica”

Sen categorizarComentarios desactivados en María do Cebreiro: “A produción cultural debe asumir a herdanza do rural desde unha perspectiva contemporánea e crítica”

Rosalía deixou nos Cantares Gallegos moito máis ca unha simple celebración do territorio. “Mesmo facendo un canto de fundación, apártase do tradicionalismo paisaxista e fai algo que a min me parece crítico e subversivo, o que podemos chamar, como di o crítico Leo Marx, a pastoral problemática ou distópica”, analiza María do Cebreiro Rábade Villar. Século e medio despois, a investigadora e poeta identifica nese mesmo esteiro as propostas de Chus Pato e Lupe Gómez, que abordan as interaccións entre o ser humano e o medio rural galego partindo a miúdo dunha refutación dos tópicos da poesía paisaxista. Ela mesma procura situarse na intersección destas dúas poéticas singulares nun novo proxecto creativo do que avanzou varios inéditos no relatorio Que tipo de afecto é o arraigamento? Algunhas reflexións sobre poesía e lugar, que impartiu nos XXXI Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” para persoas de fóra de Galicia, organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. A autora emprendeu este camiño froito da necesidade persoal de rexistrar os procesos de perda que se están a producir no mundo rural. Ler máis

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA