“Na experiencia de Chévere, o teatro en versión orixinal suma, o público agradéceo”

Sen categorizarComentarios desactivados en “Na experiencia de Chévere, o teatro en versión orixinal suma, o público agradéceo”

O público de teatro está afeito a acudir a espectáculos en versión orixinal en inglés, francés ou italiano, pero cando unha obra foi creada nunha lingua cooficial do Estado e se representa nunha comunidade distinta á de orixe segue sendo habitual que se opte pola tradución ao castelán. O costume contrasta coa boa acollida xeral que recibe a versión orixinal, salientan Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, integrantes desde os seus inicios de Chévere, Premio Nacional de Teatro en 2014. A actriz e o actor participaron hoxe nos Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” cun relatorio no que abordaron o compromiso fundacional co idioma da compañía e a súa experiencia levando en versión orixinal a outros puntos de España e países obras como Annus Horribilis, Eroski Paraíso ou Divinas Palabras Revolution, adaptación libre do título de Valle-Inclán coa que estiveron o pasado mes de maio no Teatro Español de Madrid. “A nosa experiencia é que a versión orixinal suma, non resta, o público agradece poder escoitar o espectáculo na súa lingua orixinal. E se hai público que diga si a un espectáculo en francés pero non a un en galego, daquela ese non é o noso público”, sentencia Patricia de Lorenzo. Ler máis

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA