Conferencia inaugural de Ramón Villares

Sen categorizarComentarios desactivados en Conferencia inaugural de Ramón Villares

As orixes e o proceso de consolidación dos símbolos galegos centraron a conferencia inaugural que pronunciou nos Cursos de lingua e cultura galegas o académico Ramón Villares. Galicia non foi allea á produción de símbolos nacionais que se deu desde finais do século XX, pero como nación sen estado esta non tivo apoio institucional. Contou, iso si, cunha achega fundamental procedente das colectividades da emigración en América. “Aquelas poboacións de orixe galega organizadas en entidades societarias na emigración foron capaces de apoiar, e mesmo pagar, as propostas feitas na metrópole de Galicia, ata o punto de que os dous símbolos fundamentais, o Himno e a bandeira, foron creados aquí pero estreados primeiro e asumidos como tal en América”, explicou ao alumnado. Ler máis

Non se permiten comentarios.

© 2016 CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS - REAL ACADEMIA GALEGA